Galería Desordenada
Paisaxes feitas á man con crebas, madeira reciclada e contas de vidro.
Ver as paisaxesGalería Desordenada
Proxecto
Amamos a natureza, e daquela, tentamos preservala.
Galería Desordenada, é unha rebeldía fronte a invasión dos produtos do capital e as súas ferramentas máis agresivas como a intelixencia artificial, os excesos da produción en serie, o apagado cromático e a acumulación de lixo.
Galería como espazo cultural, Desordenada como a Natureza.
Este proxecto reproduce paisaxes mariñas en madeira, empregando materiais que chegan por azar e forxan a creatividade: crebas, tecidos, madeiras, vidros, pedras, refugallos…
Mediante a Bixutería con diferentes técnicas de tecido con contas de vidro, devolvemos a cor ás paisaxes e recreamos os seus elementos.
Todas as pezas están feitas a man e son únicas.

Galería
Paisaxes
Nesta Galería Desordenada podes atopar as paisaxes dispoñibles.
Actualizacións
Paseos
Novidades, pequenos vídeos, feiras, publicacións e pezas que xa atoparon casa.
Próximas feiras e eventos

Contacto
Contacto
Se tes interese en algún dos produtos podes contactar directamente comigo polo correo electrónico ou pola mensaxería do Instagram. Existe a posibilidade de encargas personalizadas.
Financiamento público
Este proxecto foi subvencionado coa seguinte axuda:
Axudas á promoción do emprego autónomo en Galicia · TR341D · 2025.


